Presentación

Este é un blogue-páxina que só se emprega para construír contido na web de xeito doado. Non contén anotacións ou post, pois non se lle tira aquí partido á funcionalidade principal dos blogues: presentar novos artigos en orde cronolóxica inversa.

Este uso singular dos espazos que nos ofrecen plataformas como Blogaliza ou WordPress xa é relativamente habitual no ensino para recoller proxectos ou guiar procesos de traballo na rede. E, xustamente, a finalidade deste sitio é servir de guía para desenvolver unha secuencia formativa que axude a deseñar bosquexos de secuencias didácticas de lingua e literatura na rede.

Crédito da imaxe

Nace como apoio a unhas sesións de formación específicas, pero non está limitado a ese contexto, a non ser o feito de que partimos dunha apertura e configuración mínima previas dun blogue en WordPress.

Todas as imaxes das guías de traballo amplían o seu tamaño se prememos sobre elas.